mércores, 27 de maio de 2015

SAÍDA ZOO

Tal como vos indiquei na notificación da semana pasada, para a saída recoméndovos roupa e  calzado cómodos.
Así mesmo, lembrade lucir as camisetas laranxas da Escola!! Ademais das camisetas, cada alumno ten na clase unha gorra co nome da escola.
O tempo previsto para a saída é:

http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?idZona=36057

Aproveito para lembrarvos que o prazo para realizar o pago  remata mañá.

SUBVENCIÓN


Como responsable de EEI de Saltiño, solicitei no mes de marzo a subvención para saídas culturais que ofrecía o Concello. Forma parte das bases da subvención informar ás familias da súa resolución, polo tanto comunícovos   que foron concedidos 140 €, é dicir, 10€ por alumno para a saída ao zoo de Vigo. Esta cantidade será destinada a pagar parte do transporte. 

luns, 25 de maio de 2015

HORARIO XUÑO

A partir do vindeiro LUNS 1 de xuño (inclusive), o horario será tan só de mañá  de 9:30 h a 14 h, rematando as clases o venres 19.


xoves, 21 de maio de 2015

ZOO

Está previsto que faga bo día para o venres 29 no que realizaremos a saída de fin de curso. Porén, como sei que hai familias que pediron o día no traballo, avisarvos de que no caso (agardo que non) de que chova a saída sería modificada de día, porque senón sería imposíbel realizar a saída polo zoo que é ao aire libre. O motivo principal desta entrada no blog, é que estas familias poidan comentalo no traballo con antelación se fose necesario.
Prezo por neno: 1,95 €
Prezo por persoa adulta: 4€

Autorizacións e os cartos recolleranse na escola como data límite o xoves 28.


mércores, 6 de maio de 2015

Cea solidaria

Desde o CEIP Praia Xardín de Boiro, estamos organizando a 2ª Cea Solidaria CEIP Praia Xardín a favor da Cruz Vermella de Boiro. As entradas pódense mercar na conserxería do propio centro ou tamén podedes facer a aportación que consideredes apropiada na conta fila cero que aparece no cartel que vos adxuntamos.

Reunión 5 de maio



CONCLUSIÓNS REUNIÓN DO 5 DE MAIO

  •        Aprobación saída fin de curso o 29 de maio ao Zoo de Vigo. Máximo 2 acompañantes adultos.

  •       Aprobación saída Romaría CEIP Praia Xardín o venres 15 de maio. A saída abrangue de 10h -13 h, con saída e regreso á escola, NON habendo clase na sesión da tarde. 
Non irá ningún neno nin ningunha nena  sen autorización firmada.

martes, 5 de maio de 2015

Listaxe definitiva

EEI de Saltiño publica a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos no proceso de admisión  aberto en marzo de 2015, de acordo coa Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión de alumnado.

Non admitidos:

Admitidos para o curso 2015/2016:
  • Dieste Hermo, Álvaro
  •  López del Prado Gallego, Aroa
  • Ordóñez Sánchez, Ainhoa