xoves, 30 de abril de 2015

Reunión martes 5 de maio

Debido a unha novidade  en relación coa conmemoración das Letras Galegas, é necesario adiantar a reunión que tería como tema principal a saída de fin de curso. En resumo,  teremos unha reunión o martes 5 de maio as 19horas.
Lugar: EEI de Saltiño
Data: 5 de maio as 19 horas.
Asuntos:
  •  Saída fin de curso.
  • Conmemoración Letras Galegas.
De dita conmemoración recibín a información o mércores  29 pola tarde, polo que non puiden avisarvos con máis antelación, agardo poidades asistir.
 

martes, 28 de abril de 2015

Parabéns Aldara!

É un pracer ver como van cambiando pouco a pouco desde o comezo de curso, e como se van facendo maiores!

Proxecto "Os alimentos"

Déixovos un resumo dalgunhas actividades que realizaron as nenas e os nenos neste proxecto: restaurante, supermercado, taller de pintura,...







Saída curso 2014/2015

Este curso a saída cultural será realizada o venres 29 de maio ao ZOO de Vigo.
En canto a este tema, foi solicitada ao concello a subención para saídas escolares, sendo entregado o proxecto no mes de marzo. Segundo sexa notificada a valoración, seredes informados da resolución a través do blog da escola e polo tablón de anuncios do centro.

Día non lectivo

Lembrarvos que o luns 4 de maio non hai clase por ser un dos días non lectivos solicitado polo centro, ademais do 1 de maio festivo nacional. Polo tanto retomamos as clases o martes 5  no horario habitual.

martes, 7 de abril de 2015

Horto escolar

En primeiro lugar, agradecer ás familias a súa colaboración na preparación da terra do horto da escola.
As nenas e os nenos da escola disfrutaron remexendo na terra, tocando as sementes e por suposto cultivando e regando.
A continuación móstrovos a evolución  destes pequenos agricultores.

Familias, posta a punto


Cultivo, día 1






Día 20