martes, 18 de novembro de 2014

ACTIVIDADES CULTURAIS

Este venres 21 de novembro as 20:00 h, desenvolverase unha obra de teatro xestual orientada para o público infantil, na Casa da Cultura "Ramón Martínez López". • Título: Elefante elegante NUNCA BUNGA • Hora: 20:00h • Idade: de 3 a 12 anos (infantil e familiar). • Lugar: Casa da cultura (no salón de actos).

xoves, 13 de novembro de 2014

Cambio de xornada a sesión única de mañá

Queridas familias! O cambio de xornada é un asunto que falamos xa dende o comezo de curso. Posto que se aproximan as datas de votación, quería mantervos informados, tamén vía dixital da información sobre dito procedemento. Os requisitos son os seguintes: -Acordo do Consello escolar por maioría de tres quintos. -Acordo favorable do 58% do total do censo de nais, pais ou titores legais do alumnado (só computando UN). O censo estará exposto a partir da semana que ven para darvos o prazo necesario para a revisión dos datos. -Plan específico de actividades extraescolares (que debe aprobar o Consello Escolar). En primeiro lugar, realizarase unha votación para determinar o horario da nova xornada, a cal debe ter unha duración de 5 horas, por exemplo: de 9.30 a 14.30 horas. Unha vez determinado, na posterior votación será onde se valore o mantemento da xornada actual (xornada partida de mañá e tarde) ou a implantación dunha única xornada de mañá. Calquera dúbida, non dubidedes en consultarma. Un saúdo

domingo, 9 de novembro de 2014

Calendario escolar para o curso 2014/2015

A intelixencia emocional

Na Escola de Saltiño, co fin de conseguir que os máis pequenos, o noso futuro, se integren de maneira óptima co seu grupo de iguais e na sociedade, estamos a desenvolver un proxecto de educación emocional. Para informar da súa importancia, déixovos unha breve información (a cal foi aportada por unha familia :) ). Calquera dúbida, non dubidesdes en preguntar. A intelixencia emocional é a capacidade de recoñecer os nosos sentimentos e os alleos, de motivarnos, de manexar ben as nosas emocións e as dos demais e de relacionarnos. Une o interpersoal ( o trato cos demais) co intrapersoal (a relación con un mesmo) e é case máis necesaria para poder saír adiante na vida que a intelixencia intelectual. Hai xa centros educativos que facéndose eco da súa importancia introduciron nas aulas programas de intelixencia emocional para ensinar aos seus alumnos a resolver mellor os seus conflitos e a xestionar os seus sentimentos. Nas clases de intelixencia emocional os nenos e as nenas profundizan sobre como se senten e aprenden a poñerse no lugar dos demais, unha habilidade imprescindíbel para converterse en mellores persoas e facer da nosa sociedade unha colectividade máis humana.

Chega o outono

O seu nome provén do deus exipcio Atum que simboliza o sol que se oculta na terra. O OUTONO é unha das catro estacións do ano e unha das dúas da zona intertropical. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (23 de setembro no hemisferio norte e o 21 de marzo no hemisferio sur) e remata so solsticio de inverno (sobre o 21 de decembro no hemisferio norte e o 21 de xuño no hemisferio sur). En ambos hemisferios é a estación das colleitas, como o millo. Por outra banda, na literatura, o outono representa a madurez (nun sentido figurado). Outros produtos típicos desta estación, a maiores do millo xa mencionado, son: a granada, as castañas, as noces, cabaza, cabacín, laranxas, uvas,... Todos estes foron catados polo alumnado da escola, esta é a proba:

Deixando voar a nosa imaxinación

Casas, coches, unha boa hamburguesa, unha nave de tecnoloxía avanzada que recorre o espazo,... Todo é posíbel coa nosa imaxinación, e as nenas e os nenos de Saltiño, así o demostran: