domingo, 9 de novembro de 2014
Chega o outono
O seu nome provén do deus exipcio Atum que simboliza o sol que se oculta na terra. O OUTONO é unha das catro estacións do ano e unha das dúas da zona intertropical. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (23 de setembro no hemisferio norte e o 21 de marzo no hemisferio sur) e remata so solsticio de inverno (sobre o 21 de decembro no hemisferio norte e o 21 de xuño no hemisferio sur). En ambos hemisferios é a estación das colleitas, como o millo. Por outra banda, na literatura, o outono representa a madurez (nun sentido figurado).
Outros produtos típicos desta estación, a maiores do millo xa mencionado, son: a granada, as castañas, as noces, cabaza, cabacín, laranxas, uvas,...
Todos estes foron catados polo alumnado da escola, esta é a proba:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario