domingo, 9 de novembro de 2014

A intelixencia emocional

Na Escola de Saltiño, co fin de conseguir que os máis pequenos, o noso futuro, se integren de maneira óptima co seu grupo de iguais e na sociedade, estamos a desenvolver un proxecto de educación emocional. Para informar da súa importancia, déixovos unha breve información (a cal foi aportada por unha familia :) ). Calquera dúbida, non dubidesdes en preguntar. A intelixencia emocional é a capacidade de recoñecer os nosos sentimentos e os alleos, de motivarnos, de manexar ben as nosas emocións e as dos demais e de relacionarnos. Une o interpersoal ( o trato cos demais) co intrapersoal (a relación con un mesmo) e é case máis necesaria para poder saír adiante na vida que a intelixencia intelectual. Hai xa centros educativos que facéndose eco da súa importancia introduciron nas aulas programas de intelixencia emocional para ensinar aos seus alumnos a resolver mellor os seus conflitos e a xestionar os seus sentimentos. Nas clases de intelixencia emocional os nenos e as nenas profundizan sobre como se senten e aprenden a poñerse no lugar dos demais, unha habilidade imprescindíbel para converterse en mellores persoas e facer da nosa sociedade unha colectividade máis humana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario