xoves, 13 de novembro de 2014
Cambio de xornada a sesión única de mañá
Queridas familias!
O cambio de xornada é un asunto que falamos xa dende o comezo de curso. Posto que se aproximan as datas de votación, quería mantervos informados, tamén vía dixital da información sobre dito procedemento. Os requisitos son os seguintes:
-Acordo do Consello escolar por maioría de tres quintos.
-Acordo favorable do 58% do total do censo de nais, pais ou titores legais do alumnado (só computando UN). O censo estará exposto a partir da semana que ven para darvos o prazo necesario para a revisión dos datos.
-Plan específico de actividades extraescolares (que debe aprobar o Consello Escolar).
En primeiro lugar, realizarase unha votación para determinar o horario da nova xornada, a cal debe ter unha duración de 5 horas, por exemplo:
de 9.30 a 14.30 horas. Unha vez determinado, na posterior votación será onde se valore o mantemento da xornada actual (xornada partida de mañá e tarde) ou a implantación dunha única xornada de mañá.
Calquera dúbida, non dubidedes en consultarma.
Un saúdo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario