luns, 25 de xaneiro de 2016

Entroido 2016

Este curso para o Entroido o centro organizou as seguintes actividades durante toda a semana:


Cada día da semana terá unha temática distinta. Primeria semana de febreiro:

  • LUNS 1: levar un sombreiro de disfrace.

  • MARTES 2: vir disfrazado da casa (de calquera temática). Único requisito, que sexa cómodo para poder desenvolver a xornada con normalidade.

  • MÉRCORES 3: nesta ocación, vir disfrazados con perruca.

  • XOVES 4: tal como se indica na foto, vir co rostro pintado da casa.


Trátanse de actividades para disfrutar os nenos e nenas destas datas festivas, que para adaptarse as ocupacións das familias, poden ser durante toda a xornada ou tan só en xornada de mañá ou tarde.

Grazas pola vosa participación.

NON HAI CLASE

Comunícovos que NON HAI CLASE  os días 8,9 e 10 de febreiro. Retómanse as clases o xoves 11.

mércores, 18 de novembro de 2015

Días non lectivos

Para o mes de decembro non hai clase o luns 7 (elixido polos centros educativos da zona de acordo coa Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar) e o martes 8  (festivo nacional). Retómanse as clases con normalidade o mércores 9.