xoves, 21 de maio de 2015

ZOO

Está previsto que faga bo día para o venres 29 no que realizaremos a saída de fin de curso. Porén, como sei que hai familias que pediron o día no traballo, avisarvos de que no caso (agardo que non) de que chova a saída sería modificada de día, porque senón sería imposíbel realizar a saída polo zoo que é ao aire libre. O motivo principal desta entrada no blog, é que estas familias poidan comentalo no traballo con antelación se fose necesario.
Prezo por neno: 1,95 €
Prezo por persoa adulta: 4€

Autorizacións e os cartos recolleranse na escola como data límite o xoves 28.


Ningún comentario:

Publicar un comentario