A premiada coa cesta de produtos de Nadal, tirou a papeleta premiada. Por este motivo, realizouse de novo un sorteo en Consello Escolar (directora de centro + representante de nais e pais + representante do concello) participando as familias. A premiada foi a familia da alumna Noa Santamaría Castrelo.
martes, 26 de xaneiro de 2016
Procedemento de admisión 2016/2017
O próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza no centro de adscrición.
Información para o alumnado de 6º de EI (5 anos) que continúe a Educación Primaria no centro de adscrición CEIP Praia Xardín.
Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión.
Artigo 10.
2. O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición CEIP Praia Xardín, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro EEI de Saltiño o modelo normalizado
que se publica como anexo I da presente orde (dispoñible no centro) entre os días 1 e 15 de febreiro.
Artigo 11. Suposto de que haxa prazas suficientes.
1. Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición (CEIP Praia Xardín) sexan suficientes
para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e
comunicaráselle ao centro de orixe EEI de Saltiño.
2. Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de
admisión
3. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva ao CEIP Praia Xardín, terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) desta orde para os efectos de perda da
prioridade.
4. Este alumnado deberá formalizar a matrícula en xuño no CEIP Praia Xardín.
Artigo 12. Suposto que a demanda sexa superior ás prazas
1. Cando no centro CEIP Praia Xardín o número de postos escolares dispoñibles non sexa
suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios dos centros CEIP Praia Xardín e EEI de Saltiño.
2. O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición do 1-21 de marzo, e posteriormente presentarán a
documentación xustificativa dos criterios de baremo no prazo sinalado no artigo 17.1.
luns, 25 de xaneiro de 2016
Entroido 2016
Este curso para o Entroido o centro organizou as seguintes actividades durante toda a semana:
Cada día da semana terá unha temática distinta. Primeria semana de febreiro:
Grazas pola vosa participación.
Cada día da semana terá unha temática distinta. Primeria semana de febreiro:
- LUNS 1: levar un sombreiro de disfrace.
- MARTES 2: vir disfrazado da casa (de calquera temática). Único requisito, que sexa cómodo para poder desenvolver a xornada con normalidade.
- MÉRCORES 3: nesta ocación, vir disfrazados con perruca.
- XOVES 4: tal como se indica na foto, vir co rostro pintado da casa.
Trátanse de actividades para disfrutar os nenos e nenas destas datas festivas, que para adaptarse as ocupacións das familias, poden ser durante toda a xornada ou tan só en xornada de mañá ou tarde.
Grazas pola vosa participación.
NON HAI CLASE
Comunícovos que NON HAI CLASE os días 8,9 e 10 de febreiro. Retómanse as clases o xoves 11.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)