O próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza no centro de adscrición.
Información para o alumnado de 6º de EI (5 anos) que continúe a Educación Primaria no centro de adscrición CEIP Praia Xardín.
Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión.
Artigo 10.
2. O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición CEIP Praia Xardín, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro EEI de Saltiño o modelo normalizado
que se publica como anexo I da presente orde (dispoñible no centro) entre os días 1 e 15 de febreiro.
Artigo 11. Suposto de que haxa prazas suficientes.
1. Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición (CEIP Praia Xardín) sexan suficientes
para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e
comunicaráselle ao centro de orixe EEI de Saltiño.
2. Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de
admisión
3. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva ao CEIP Praia Xardín, terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) desta orde para os efectos de perda da
prioridade.
4. Este alumnado deberá formalizar a matrícula en xuño no CEIP Praia Xardín.
Artigo 12. Suposto que a demanda sexa superior ás prazas
1. Cando no centro CEIP Praia Xardín o número de postos escolares dispoñibles non sexa
suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios dos centros CEIP Praia Xardín e EEI de Saltiño.
2. O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición do 1-21 de marzo, e posteriormente presentarán a
documentación xustificativa dos criterios de baremo no prazo sinalado no artigo 17.1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario