Como xa sabedes, levouse a cabo unha votación dentro da comunidade educativa de EEI de Saltiño para realizar o cambio de xornada para o curso 2016/2017.
De acordo coa Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, son necesarios os seguintes requisitos:
- Acordo do Consello Escolar por maioría de 3/5. Obtívose o 100% dos votos.
- Acordo favorable do 58% do censo das nais e pais do alumnado. Obtívose o 90,9% a favor do cambio de xornada.
- Plan de actividades. A dirección da escola elaborou un proxecto no que se inclúe o novo horario (9h-14h) en sesión única de mañá para o vindeiro curso 2016/2017, obxectivos da proposta de cambio de xornada, actividades, ... O cal posteriormente foi aprobado polo Consello Escolar.
Este mes de xuño enviouse toda a documentación que se indica na Orde do 29 de maio de 2008 citada anteriormente:
- solicitude de cambio de xornada.
- copia acta Consello Escolar.
- Copia acta escrutinio votacións familias.
- Plan específico
Ningún comentario:
Publicar un comentario